Participantes: Mínimo 5
Materiais: Algunha tea
Normas:
Os xogadores deben repartirse en equipos co mesmo número de participantes, mentres outro xogador colocarase entre os dous equipos suxeitando o pano. A cada un dos membros do equipo asignaráselle un número. Cando o xogador do centro grite un dos números, os participantes con ese número deben correr a coller o pano. O que colla o pano debe correr de volta xunto ao seu equipo, se o xogador do outro equipo o pilla antes o que tiña o pano queda eliminado.
O xogo remata cando un dos equipos queda sen xogadores.